Saturday 04 de May de 2024

José Manuel Lage e Avia Veira asinan o acordo de investidura polo que Inés Rey será alcaldesa outros catro anos


O voceiro do Goberno en funcións destacou o clima de diálogo e a boa disposición durante as conversas bilaterais que culminaron onte cun acordo consensuado

O voceiro do Goberno en funcións, José Manuel Lage Tuñas, asinou esta mañá coa concelleira do BNG Avia Veira o acordo de investidura ao que chegaron as dúas formacións para garantir a continuidade de Inés Rey na alcaldía e para definir o marco de colaboración durante o mandato.

A sinatura tivo lugar hoxe ás dez da mañá no Salón Azul de María Pita, o mesmo escenario no que se celebraron as conversas previas entre as dúas comisións negociadoras e que culminaron onte nun acordo consensuado por ambas partes. Lage destacou a boa disposición e o clima de diálogo existentes durante a rolda de contactos, e recordou que Inés Rey contará cunha ampla maioría progresista para apoiar a súa investidura.